O horario de inverno chega este domingo: unha hora máis de sono e menos luz polas tardes
Ecos da Comarca/Xeral
España cambiará esta fin de semana ao horario de inverno. Na madrugada do sábado ao domingo, 25 de outubro, os reloxos deberán atrasarse unha hora, polo que ás 3:00 serán as 2:00 na Península e en Baleares. En Canarias, o cambio farase ás 2:00, cando volverán ser a 1:00.

Deste xeito, a xornada contará cunha hora máis, un axuste que permitirá gañar luz natural polas mañás, aínda que tamén fará que anoiteza antes polas tardes.
PUBLICIDADE
O cambio horario realízase cada ano no outono e na primavera co obxectivo de adaptar a xornada á luz solar. Aínda que o seu mantemento leva tempo xerando debate en Europa, polo momento continúa vixente en España.
PUBLICIDADE
Así, quen teña que madrugar este domingo deberá lembrar que os reloxos atrasan unha hora. Nos teléfonos móbiles e noutros dispositivos conectados á rede, o cambio adoita realizarse de forma automática.









Comentarios