Todos a non pagar impostos: España róubanos?
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Ola a todos e benvidos a unha nova reflexión. Hoxe quero falar dun tema que me ten dado moitas voltas na cabeza ultimamente. Vemos moita xente, sobre todo figuras públicas con grandes ingresos, que deciden marchar a sitios como Abu Dabi, Dubai ou Andorra coa bandeira do aforro de impostos. Presumen dun estilo de vida de luxo, posible grazas a non contribuír no seu país de orixe, no noso país.

Pero que pasa cando a cousa se pon fea? Cando a estabilidade dese paraíso fiscal treme, cando a guerra ou a incerteza chama ás súas portas douradas? De repente, España volve ser o fogar, o lugar seguro ao que regresar. E aquí é onde me salta a dúbida. Non se dan conta de que eses lugares onde viven, construídos sobre petrodólares e fortunas rápidas, carecen da rede de seguridade que tanto critican pero que agora necesitan?
Publicidade
Esquecen que foi grazas aos impostos que pagaron os nosos pais, os nosos avós e todos nós, que eles tiveron acceso a unha educación, a unha sanidade, a unhas infraestruturas que lles permitiron chegar onde están. Aproveitáronse de todos eses servizos públicos para medrar e, unha vez acadado o éxito, decidiron que xa non lles tocaba achegar o seu gran de area. Deixaron de lado a quen realmente os puxo no lugar no que hoxe están: a sociedade que os viu nacer.
Cando as cousas van ben, é doado coller as maletas e marchar buscando o propio beneficio. Pero a vida non é só iso. Hai que estar ás duras e ás maduras. Non se pode ser un patriota só cando convén, só para as celebracións deportivas ou para volver cando hai problemas. A lealdade a un país demóstrase tamén nos momentos difíciles, contribuíndo ao benestar común.
PUBLICIDADE
Porque se non, non podemos queixarnos despois. Non podemos esixir dereitos sen aceptar as nosas obrigas. E, sinceramente, se o pensamos ben, se cadra eu tampouco quero que os meus impostos, os que si pago relixiosamente aquí, se destinen a rescatar ou facilitar a volta a quen decidiu darlle as costas ao país cando máis o necesitaba. Ser un "vende patrias" ten as súas consecuencias, e unha delas debería ser asumir a túa elección ata o final.
É unha reflexión dura, pero creo que necesaria. Que pensades vós de todo isto? Deixádeme a vosa opinión nos comentarios, que teño moita curiosidade por saber o que pensades.








Comentarios