top of page

Tres feridos logo de que un coche impactase contra unha casa en Piñor

Ecos da Comarca/Xeral

Este xoves rexistrouse un grave accidente de tráfico que se saldou con tres feridos logo de que un coche impactase contra unha casa en Piñor. Foi preciso excarcerar a un dos implicados.

O coche afectado. Cedida
O coche afectado. Cedida

O 112 Galicia foi coñecedor do accidente uns dez minutos antes das 17:00 horas. Segundo a información que compartiu o alertador, un coche fórase contra unha casa na N-525, no quilómetro 270. Había xente ferida e unha persoa incapaz de saír do vehículo.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Rapidamente, desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Piñor.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

A dotación de bombeiros empregou o material de excarceración para liberar a unha das vítimas. En total houbo tres feridos que tiveron que ser atendidos polo persoal sanitario.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page