top of page

A Xunta analizará a mellor opción para distribuír ao alumnado do Nosa Señora da Piedade de Cruces

O director territorial da Consellería de Educación na provincia reúnese co equipo directivo, a Unidade Técnica e a Inspección Educativa para analizar as opcións


Laura Moure/Vila de Cruces

O director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, reuniuse este mércores co equipo directivo do Colexio Plurilingüe Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces para analizar a posibilidade de integrar nun só edificio o alumnado de Educación Infantil e Primaria. No encontro participaron tamén a Unidade Técnica e a Inspección Educativa.

Analizadas as previsións de matrícula, que van á alza neste centro, e tendo en conta a redución de ratios –de 25 a 20 alumnos por aula, que o curso que vén estará implantada nos tres cursos de Infantil–, descartouse a posibilidade de integrar no mesmo edificio a todos os alumnos o ano que vén.


Así as cousas, os participantes na reunión coincidiron na necesidade de facer un estudo detallado das posibilidades existentes que pasan, por unha banda, por ampliar o edificio de Primaria ou, por outra, acometer unha reforma integral no de Infantil. Unha vez se analicen os beneficios e as desvantaxes de cada unha das opcións, así como o seu impacto económico, tomarase unha decisión.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Con todo, o representante da Consellería de Educación sinalou que se van acometer de cara ao curso que vén melloras tanto nos aseos do edificio de Primaria como na cuberta do de Infantil co obxectivo de garantir o confort da comunidade educativa do colexio crucense.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación acometeu unha obra integral de mellora da eficiencia enerxética do edificio de Primaria do CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade en 2016, cun investimento de máis de 400.000 €. A actuación abrangueu o cambio de fiestras e o recheo da cámara de aire con material illante. No interior do centro cambiáronse os falsos teitos e instaláronse novas luminarias led con sistemas de detección do movemento.


NOTICIAS RELACIONADAS:




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page