top of page

O BNG cruceño apoia á comunidade educativa na reforma integral do CEIP Nosa Señora da Piedade

O Bloque lembra que o seu grupo municipal, a través do portavoz Álex Fiuza, presentou nos últimos anos emendas aos Orzamentos da Xunta de Galicia para esta actuación


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Bloque Nacionalista Galego de Vila de Cruces lembra que o seu grupo municipal, a través do portavoz Álex Fiuza, presentou nos últimos anos emendas aos Orzamentos da Xunta de Galicia co obxectivo de garantir financiamento para unha reforma integral do CEIP Nosa Señora da Piedade que permita dotar ao centro de instalacións modernas, eficientes e adaptadas ás necesidades reais do alumnado.

"Estas propostas foron desestimadas polo Partido Popular, o que impediu avanzar nunha

solución estrutural que hoxe resulta máis necesaria ca nunca, á vista da preocupación

crecente de familias e profesorado polas condicións actuais do centro", sinala o Bloque.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Para o BNG, calquera planificación debe partir dun principio básico, como é o de garantir

espazos educativos de calidade, seguros e adaptados á diversidade do alumnado. "O centro precisa unha intervención que contemple a adaptación dos espazos ás posibles

modificacións de ratios e a creación de máis aulas de educación infantil ante a previsión de matrícula para o vindeiro curso, instalacións accesibles e melloras estruturais que reforcen a seguridade, evitando riscos derivados de deficiencias construtivas ou instalacións obsoletas, así como creación de espazos comúns amplos e zonas cubertas para os tempos de lecer e recreo, fundamentais para o benestar das crianzas durante todo o ano".


A educación pública, salienta, "non pode funcionar con solucións provisionais nin con instalacións que non cumpren cos estándares mínimos de seguridade, accesibilidade e calidade educativa". O BNG vén advertindo tamén da necesidade de racionalizar os recursos do centro. "A existencia de infraestruturas separadas e sistemas de calefacción ineficientes —incluíndo unha caldeira obsoleta que non garante un servizo adecuado ao alumnado de infantil— evidencia o abandono e desinterese da consellaría de Educación no centro, provocando custos esaxerados no combustible que asume o centro cos seus propios fondos".

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Desde o BNG de Vila de Cruces “reafirmamos o noso compromiso de continuar defendendo nos ámbitos municipal e na Xunta partidas necesarias para facer realidade unha reforma integral do centro”.


"Compartimos a preocupación da comunidade educativa e consideramos que é responsabilidade das administracións actuar con previsión e vontade política para garantir

que as crianzas do noso concello conten con instalacións educativas dignas, seguras e

adaptadas á súa diversidade".


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page