top of page

"Taboada ve moi preocupado a Álex Fiuza por esta bolsa de traballo. Non será que ten algún amiguete"

O alcalde cruceño sae ao paso das declaracións realizadas polo portavoz do BNG que segundo el son "moi pouco acertadas e infestadas de nerviosismo"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, sae ao paso dunhas declaracións realizadas polo portavoz do BNG, Alejandro Fiuza, "moi pouco acertadas e infestadas de nerviosismo", segundo o mandatario. Estas fan referencia a un proceso de selección de persoal para unha bolsa de traballo.

Luis Taboada.

Taboada "defende a democracia por encima de todas as cousas, por iso con toda

transparencia" explica "realízase un proceso selectivo para unha bolsa de traballo, da

que xa se realizou unha primeira fase, e na que solicitaron baixa do tribunal varios dos seus membros por motivos persoais", obrigando así, indica, ao alcalde Luís Taboada a paralizar o devandito procedemento en varias ocasións.


En cambio, cuestiona que Fiuza "insinúa, que Luís Taboada debería de obrigalos a

continuar, privándoos do seu dereito para decidir, coma se fosen outros tempos antigos, nos que se cubrían as prazas a dedo ou se lle daban directamente a amigos", acusa o goberno actual. E sinala que Taboada "ve moi preocupado a Alex Fiuza por esta bolsa de traballo. Non será que ten algún amiguete para poder cubrir dita praza? Senón non se entende este nerviosismo por querer terminalo canto antes".


Así mesmo, o mandatario lémbralle a Fiuza que este proceso xa concluíu unha vez con dous candidatos que despois de sacar a mellor nota, renunciaron á praza, polo que

houbo que volver sacala de novo. "Fiuza fala por non estar calado tentando manipular coas súas palabras aos veciños e veciñas de Vila de Cruces, vendo artimañas onde non as hai, xa que dita asesoría financeira xa traballou para o Concello hai anos, e por suposto nesa época existía unha administrativa de Intervención e eran compatibles os dous como se pode comprobar" así que Taboada rógalle a Fiuza "que se informe e que non estea

tan nervioso antes de lanzar acusacións sen fundamento, coa única intención de facer dano".

Tamén quere Taboada aconsellarlle ao nacionalista "de que no canto de preocuparse tanto por contratar a unha administrativa para axilizar o traballo para pagar e xestionar as facturas do Concello, que se preocupe, ou máis ben que se ocupe, de votar a favor nos plenos para pagar as devanditas facturas, que se por el fora os provedores de Cruces, quedarían sen cobrar. E despois di que se preocupa por axilizar o traballo", espétalle Taboada.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page