top of page

Stop Macrogranxas Agolada supera as 1.000 alegacións contra a macrogranxa de 365.000 galiñas

hace 8 horas
2 min de lectura

A plataforma veciñal chama a seguir sumando apoios antes do 10 de novembro para frear unha explotación que consideran incompatible cun rural vivo e habitable


Ecos da Comarca/Agolada

A campaña veciñal contra o proxecto de construción dunha macrogranxa de 365.000 galiñas en Agolada xa supera as 1.000 alegacións, pero a plataforma Stop Macrogranxas Agolada insiste na importancia de seguir sumando apoios ata o peche do

prazo, o vindeiro 10 de novembro.

A plataforma fai un chamamento á participación cidadá e lembra que as alegacións poden

asinarse de maneira moi sinxela, en menos dun minuto, a través da web

www.stopganaderiaindustrial.org. Non é necesario realizar ningún trámite complexo, abonda con acceder á páxina, cubrir os datos solicitados e asinar a alegación.

“Cada sinatura conta. Necesitamos que todas as persoas que consideran que este proxecto non ten cabida no noso territorio dean un paso adiante e nos axuden a sumar máis apoios antes de que remate o prazo“, sinalan desde a plataforma.

 PUBLICIDADE

A mobilización responde ao proxecto dunha explotación avícola industrial situada a

aproximadamente un quilómetro do núcleo de Agolada, cunha capacidade para 365.000

galiñas. Segundo a documentación presentada pola empresa promotora, Proteínas y Cereales de Galicia, S.L., a instalación xeraría máis de 20 toneladas diarias de excrementos e consumiría un volume de auga equivalente ao dunha poboación de 1.400 persoas nun territorio declarado en seca pola falta de precipitacións. A plataforma alerta tamén dos posibles efectos sobre os acuíferos, a calidade do aire e a saúde da veciñanza.


Para Stop Macrogranxas Agolada, o que está en xogo vai moito máis alá dunha instalación

concreta: é o modelo de territorio e de desenvolvemento que se quere para o futuro. “Defendemos un rural vivo, con actividade económica, emprego e oportunidades, pero

tamén habitable, no que se poida vivir, traballar e criar as nosas fillas e fillos sen ter que

asumir os impactos ambientais e sanitarios de explotacións destas dimensións”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A plataforma insiste en que non se opón á actividade económica nin á gandaría, senón a

proxectos industriais que, pola súa escala e consumo de recursos, consideran

incompatibles coa vida nas aldeas e coa conservación da contorna.


Por iso, anima a toda a cidadanía, tanto de Agolada como doutros lugares, a participar na

campaña. O prazo remata o 10 de novembro e aínda hai tempo para sumar máis

alegacións.



Enlace ao expediente do proxecto (2026-IPPC-I-32):


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page