top of page

Sobrado acolle o 14 unha xornada para coñecer as ferramentas da administración electrónica

Está incluída na nova acción da Subdelegación do Goberno para achegar todas as vantaxas da mesma ao rural e poderase adquirir ese día o certificado dixital


Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

O Concello de Sobrado acollerá o 14 de decembro, ás 10:00 horas, no propio Consistorio a celebración dunha xornada informativa, no marco do Plan de Achegamento da Administración á Cidadanía. Cabe mencionar que hai unha semana publicamos unha noticia sobre que ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, asinou un convenio de colaboración co presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, para impulsar o proxecto de achegamento da Administración á cidadanía do mundo rural. Esta colaboración entre a Administración Xeral do Estado (AGE) e a FEMP, a través do Plan A Administración preto de ti, servirá para achegar a Administración Xeral do Estado no Territorio á cidadanía, coa finalidade de facer efectivo o dereito de acceso a todos os servizos públicos dos cidadáns con independencia do seu lugar de residencia.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Neste caso, en Sobrado dos Monxes serán dous funcionarios da Subdelegación do Goberno os que darán a coñecer as posibilidades e ferramentas que proporciona a Administración Electrónica.


Ao rematar os intereados poderán facerse co seu certificado electrónico, válido para a maioría dos procedementos coa administración.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page