top of page

Poderase obter o certificado dixital nos Concellos de menos de 8.000 habitantes

Isto será prosible gracias ao convenio de colaboración asinado entre o goberno de España e a FEMP para achegar a Administración á cidadanía do mundo rural


Laura Moure/Xeral

A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, asinou un convenio de colaboración co presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, para impulsar o proxecto de achegamento da Administración á cidadanía do mundo rural. Esta colaboración entre a Administración Xeral do Estado (AGE) e a FEMP, a través do Plan A Administración preto de ti, servirá para achegar a Administración Xeral do Estado no Territorio á cidadanía, coa finalidade de facer efectivo o dereito de acceso a todos os servizos públicos dos cidadáns con independencia do seu lugar de residencia.

O convenio aplicarase aos municipios de menos de 8.000 habitantes que se adhiran, e afectará a 3.000 municipios e máis de 7,5 millóns de cidadáns. A maioría dos concellos das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa poderán unirse a esta iniciativa. Para iso organizaranse e celebrarán sesións presenciais nos municipios para informar á cidadanía sobre os servizos que se prestan nas delegacións, subdelegacións do Goberno e direccións insulares.

Así mesmo, o obxectivo do convenio é establecer instrumentos e mecanismos, en colaboración coas administracións territoriais, para contribuír a eliminar o desprazamento dos cidadáns dos pequenos municipios ás sedes provinciais da AGE e superar a fenda dixital mediante a asistencia de empregados públicos cualificados que, nos seus mesmos lugares de residencia, informaranlles e asistirán na realización das xestións se así o desexan, por exemplo, acceder ao certificado dixital.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page