top of page

Sen cobertura móbil e sen fibra en Rodeiro dende a primeira hora da mañá do mércores

Ecos da Comarca/Rodeiro

O tenente de alcalde de Rodeiro, Alberte Lamazares, informou este mediodía que "a cobertura móbil e a fibra de Movistar leva dende o mércores as 8:30 horas sen funcionar en Rodeiro deixando tirados a empresas locais, autónomos, granxas, centro médico e administración local entre outros".


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Sinala que se pode entender que haxa unha avaría "mais é de difícil explicación que en máis de 30 horas non lle deran dado solución".


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

"Isto so o explica a deixadez desta empresa polo feito de ser un concello de poucos habitantes pero cos mesmos dereitos que outros cidadáns calquera. A priori, fago esta denuncia pública e comprometo a executar máis accións onde se visualice o desleixo de Telefónica con Rodeiro".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page