top of page

Santomé de Obra cuestiona "a falta de compromiso do Concello cruceño coa Ponte de Remesquide"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A Asociación de Veciños de Santomé de Obra de Vila de Cruces denuncia "a falta de compromiso electoral do rexedor deste municipio, Luis Taboada, coas súas promesas electorais" en relación á Ponte de Remesquide.

Sinala que a Ponte Remesquide, que divide as provincias da Coruña e de Pontevedra e o concello de Touro co de Vila de Cruces ao seu paso polo río Ulla, "leva sendo promesa electoral xa dende preto de 7 anos".


A veciñanza salienta que este mércores a sorpresa e incredulidade dos veciños foi maiúscula, "cando o Concello do rexedor Taboada traslada as máquinas de asfaltar para realizar a metade da ponte, uns 40 metros, alegando que a outra metade agora é de Touro". Ante isto a asociación recalca que "a ponte foi inaugurada por Albor e o alcalde de Cruces e non estaba o de Touro, co cal entendendemos que a ponte é de Vila de Cruces".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por iso dende o colectivo de veciños consideran "vergoñento ver unha ponte asfaltada a metade dando unha imaxe pésima e sendo a súa principal entrada ao municipio de Touro" e recalca que "ademais é unha mala situación para os veciños de Santomé de Obra e unha promesa incumplida do rexedor cruceño".




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page