top of page

Santiso seguirá no nivel medio e Lalín, Silleda e Melide baixan o mínimo

Nova normalidade en Galicia a partir do vindeiro sábado 22


Ecos da Comarca / Terra de Melide / Deza

Centro de saúde de Arcediago, Santiso

Fonte: Ecos da Comarca


O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento dos seguintes niveis:

  • Nivel máximo de restricións no concello de Lobios.

  • Nivel alto de restricións nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, Mos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros.

  • Nivel medio de restricións estarán os concellos de Boborás, O Barco de Valdeorras, Santiso, Boiro, Rianxo, Padrón, Ordes, Valga, Ames, Carral, Fisterra, Cee, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Cangas, Moaña, Salceda de Caselas, Chantada, Viveiro e Cervo.

  • Resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio-baixo.

O comité tamén acordou permitir as ceas ata a unha da madrugada nos locais de hostalería, independentemente de se teñen licenza ou non de restaurante. Polo tanto, os locais que dean ceas, poden dalas nas mesmas condicións que os restaurantes.


Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 22 de maio.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page