top of page

Rutas para motos de monte, quads e buggies, bicicletas, cabalos e carreiras este domingo en Cruces

Terá lugar o 'O Galo co Deporte' iniciativa promovida polo Concello cruceño


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O deporte tamén é protagonista da XXX Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces. O Concello programou a iniciativa ‘O Galo co Deporte’ que terá lugar este domingo, 2 de xuño, na Praza do Concello. Organizaranse unha serie de paseos ou rutas para desfrutar a todas as idades, sen pensar na competición como o principal obxectivo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

Haberá unha ruta para motos de monte, quads e buggies de 60 quilómetros, chamada ‘O Galo Trotamontes’, ás 11:00 horas. Tamén a actividade ‘O Galo Pedalea’, cunha ruta para bicicletas de 15 quilómetros que comezará ás 11:15 horas. Os cabalos terán tamén o seu oco en ‘O Galo Cabalga’, cunha ruta cabalar de 15 quilómetros que sairá da Praza do Concello ás 11:30 horas. Outra opción para participar será ‘O Galo Corre’, cunha edición para pitiñas e pitiños de 150 e 500 metros, ás 12:00 horas. A xornada pecharase ás 13:00 horas coa actuación do Dúo Crazy e uns pinchos para todas as persoas participantes.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Na web do Concello está dispoñible un código QR para visualizar o percorrido das rutas, todas elas por camiños forestais públicos e pistas de parcelaria xa que non se trata dunha actividade profesional nin competitiva.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page