Rouba o coche en Ribadavia e ten un accidente en Portodemouros
Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Este luns dabamos conta dun accidente de tráfico no municipio de Vila de Cruces. O suceso, tal e como nos indicou o 112 Galicia, sucedeu xunto ao embalse de Portodemouros. Hoxe a Oficina Periférica de Comunicación da Guardia Civil de Pontevedra confirmounos que o vehículo que se saíu da vía era roubado.
Este accidente sucedeu onte pola tarde na estrada PO-905, á altura do quilómetro 11, ao longo do embalse de Portodemouros. "O coche fora roubado en Ribadavia (Ourense)", informa a Garda Civil. Foi a consecuencia de ter o accidente, cando os axentes comprobaron que o vehículo era roubado. A persoa atópase ingresada nun centro hospitalario, segundo informa a Benemérita.
A NOTICIA QUE PUBLICAMOS ONTE DO ACCIDENTE:








Comentarios