Ecos da Comarca/Vila de Cruces/Arzúa
Pasados uns minutos das 18:30 horas deste luns rexistrouse un accidente en Vila de Cruces.
Foi Urxencias Sanitarias quen alertou ao 112 Galicia. Tratouse dunha saída de vía na estrada PO-905, á altura do quilómetro 11, ao longo do embalse de Portodemouros, tal como informa o 112 que ademais sinala que unha persoa resultou ferida e que foi trasladada ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Arzúa.
O 112 avisou á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Vila de Cruces.
Comments