Rodeiro acollerá o 4 de maio a 1ª proba do Campionato Galego de Andadura Federada
- ecosdacomarca
- 22 abr
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
Tal e como xa anunciaron os edís de Rodeiro Alberte Lamazares e Xulia Dacal dentro da programación do Sabor Labrego terá lugar a 1ª proba do Campionato Galego de Andadura Federada. Esta disputarase o domingo 4 de maio e foi presentada este luns.

Terá lugar no recinto situado na Rúa Gumersindo Areán en horario de mañá de 11 a 13:30 horas e pola tarde, de 16 a 19 horas.
Publicidade
"Un dos motivos principais polo que apostamos por esta disciplina deportiva á a gran afeción que hai en Rodeiro polo mundo do cabalo e a maiores, tamén queremos destacar que nesta competición participa un veciño de Rodeiro", sinala o tenente de alcalde, Alberte Lamazares. "Con esta iniciativa deportiva damos comezo ao mes do Sabor Labrego e consideramos que vai xuntar no pobo numerosas persoas que se achegarán a
desfrutar deste deporte".
Publicidade
Por último, Lamazares quere agradecer "a boa labor que fan o conxunto das asociacións locais e con este tipo de iniciativas tamén demostramos o noso compromiso cara elas, xa que, máis alá das axudas económicas que entregamos anualmente, con eventos destas características tamén demostramos o compromiso do goberno cara elas", conclúe o edil delegado de Deportes.
Comments