Forno denuncia "o fracaso do goberno de Crespo na captación de fondos europeos do Plan de Recuperación"
- ecosdacomarca
- hace 7 horas
- 2 Min. de lectura
"O balance de fondos captados redúcese a 150.000 euros para a axenda urbana, mentres o Concello de Silleda superou os 1,5 millóns en subvencións", sinala
Ecos da Comarca/Lalín
A voceira municipal socialista de Lalín, Alba Forno, denunciou onte o "fracaso absoluto" e a "nefasta xestión" do goberno municipal do PP na captación de fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cando se cumpren catro anos desde a súa posta en marcha por parte do Goberno de España. No seu balance, a líder dos socialistas de Lalín afirmou que estes “foron catro anos de oportunidades perdidas nun momento de crecemento e recuperación, por mor dun goberno local manifestamente incompetente que non estivo á altura”.

Un dos exemplos, apuntan, "máis sanguentos é a perda de 1,13 millóns de euros do programa PIREP para a reforma da praza de abastos, que tivo que ser devolto xunto con 60.000 euros en intereses pagados por todos os veciños e veciñas de Lalín. Non só perderon a subvención, senón que nos fixeron pagar pola súa chapuza. Presentaron un proxecto que incluía paneis fotovoltaicos na fachada dun ben protexido, algo que Patrimonio da Xunta non aceptou e iso fixo que se incumpriran vos prazos. Un auténtico despropósito”, afirmou Forno.
Pero non foi un caso illado. "O Concello tamén perdeu unha subvención de 2 millóns de euros para a rehabilitación da antiga piscina e o pavillón municipal por presentar un proxecto neglixente e pouco solvente que, en concorrencia competitiva e en igualdade
de condicións fronte outros concellos, quedou fóra".
Publicidade
Forno lamenta que o PP nin sequera presentase proxectos para as axudas destinadas a comunidades enerxéticas, tal e como solicitaron os socialistas, a mobilidade sostible, comercio, turismo ou ciclo da auga, deixando escapar oportunidades históricas de
transformación para o municipio. “O único que chegou foi o Plan Único de Banda Ancha, porque ou impulsa directamente ou Goberno central e unha axuda de 150.000 euros para
a axenda urbana. O balance é paupérrimo e contrasta co traballo feito por concellos
veciños e de moita menor dimensión como Silleda, gobernado polo PSOE, que conseguiu
case un millón de euros para a reforma da praza da Bandeira e outros proxectos en
comercio e mobilidade escolar segura”, destaca Forno.
A socialista recordou ademais “a historia do despropósito do alcalde Crespo co Plan de
Recuperación presentando incluso unha moción no pleno para criticalo, en liña coa
postura do PP tanto en Europa como no Congreso”. “Predicaba que non ía chegar nin un euro a Lalín e o tempo demostrou que mentía: os fondos chegaron, pero o PP non sabe
aproveitalos”.
Publicidade
Forno contrastou "a neglixencia do goberno local coa aposta do tecido empresarial e
comercial soubo captar importantes axudas como as do Kit Dixital e outros programas, o
que demostra que cando hai interese é posible”. “Lalín non pode permitirse outros catro
anos de parálise, desidia e perda de recursos”, concluíu.
Comments