Rexistrado un novo sismo en Galicia de magnitude 2,6 e xa son 17 nas últimas horas
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O Instituto Xeográfico Nacional informou ao 112 Galicia dun tremor de magnitude 2.6 con epicentro no municipio coruñés de Ponteces.

PUBLICIDADE
O sismo rexistrouse pouco despois das 22:30 horas de onte, sábado, e varios particulares contactaron co 112 Galicia minutos antes das 23 horas para sinalar que o sentiran. Un deles, que chamou desde o municipio veciño de Cabana de Bergantiños, indicou que se deixara notar en diversas zonas da comarca.
PUBLICIDADE
Con todo, no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se rexistraron danos por este terremoto, que se une á serie de movementos sísmicos que se produciron durante a noite do venres ao sábado na provincia de Lugo.
Na madrugada do sábado rexistráronse 16 que tamén se deixaron notar nas comarcas: https://www.ecosdacomarca.com/post/rexistrados-8-sismos-esta-madrugada-en-galicia








Comentarios