Rexistrados 16 sismos esta madrugada en Galicia
- ecosdacomarca

- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O Instituto Xeográfico Nacional informou esta madrugada ao 112 Galicia dunha serie de movementos sísmicos que tiveron o seu epicentro nas localidades de Triacastela, Baralla e Becerreá. O 112 Galicia non atendeu chamadas nin rexistrou incidencias relacionados cos tremores.

PUBLICIDADE
Todos eles, un total de oito que superaron a magnitude 2.5 e oscilaron entre esta cifra e os 3.9 de Triacastela, rexistráronse entre as 3 e as 3:15 horas da madrugada do sábado, tal e como informa o 112 Galicia.
PUBLICIDADE
Ademais deses 3.9 de Triacastela, destacou un sismo de magnitude 3.4 e outros de 3.1, 3 e 2.9 nesta mesma localidade. En Becerreá foron de 3.1 e de 2.5; en Baralla, de 2.5. Houbo sismos ata as 8 da mañá.
Máis información de cada un deles no enlace: https://visualizadores.ign.es/tproximos








Comentarios