Retiran unha serpe dunha vivenda de Palas de Rei
- ecosdacomarca

- 29 abr 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Axentes Ambientais da Xunta trasladáronse a unha vivenda do municipio de Palas de Rei despois de recibir un aviso pola presencia dunha serpe.

Tratábase dunha Natrix astreptophora (cóbrega de colar), que foi liberada polos axentes no seu medio natural lonxe das casas. "Esta pequena e inofensiva cóbrega de colar entrou despistada nunha casa, para susto seu e dos inquilinos", sinalan os axentes medioambientais.
Ademais de alertar a estes, nestes casos pódese chamar ao 112 Galicia ou directamente ao Centro de Recuperación de Fauna.

A cóbrega de colar é totalmente inofensiva e non velenosa. Prefire hábitats acuáticos, aínda que tén aparece en lugares secos. Aliméntase principalmente de rás.
Cabe mencionar que o pasado mes de setembro aparecera outra serpe tamén nunha casa de Palas de Rei. Esta nova no enlace:






Comentarios