Foi retirada por axentes medioambientais da Xunta de Galicia e soltada no seu hábitat
Laura Moure/Palas de Rei
Axentes medioambientais da Xunta de Galicia retiraron hai uns días unha serpe que localizaron no baixo dunha casa no municipio de Palas de Rei, tras ser avisados polos donos da vivenda.
Axentes Ambientais da Xunta do Distrito IX desprazáronse ao lugar para retirala e soltala posteriormente no seu hábitat.
Tratábase dunha culebra de colar (Natrix natrix), tamén chamada 'serpe de auga', que é unha serpe u ofidio non venenosa que adoita vivir en entornos fluviais.

Comments