Resultados do GTR Galico Trail Run da pasada fin de semana
- ecosdacomarca
- 15 mar
- 1 Min. de lectura
Lucía Peón Santomé acadou a 2ª praza da xeral facendo unha gran remontada
Ecos da Comarca/Deza
O domingo 9 ata o Concello de Bueu desprazáronse case una decena de deportivas do Galaico Trail Run para participar no Trail do Nocedo.

No seu estreo ca camiseta do GTR Galalico Trail Run Lucía Peón Santomé acadou a 2ª praza da xeral facendo unha gran remontada, conseguindo esa posición case entrando no último quilómetro da distancia longa de 27k con 1500+ de desnivel, na que tamén participou Alberto Martínez.
Publicidade
No Trailiño de 15k con 600+ participaron Toño Gómez, Fernando Alvarellos, Óscar Vazquez, Isa López e Bárbara Sánchez.
Publicidade
Tamén o pasado domingo se disputou a 1ª Carreira Terra do Queixo entre Melide e Arzúa na que correron Cristóbal Dafonte e Andrea Elizabeth Saavedra que acadou a 3ªposición da súa categoría.
Commentaires