Resultados do GTR Galaico Trail na fin de semana do seu Desafío Serra do Candán & Trail de Vilatuxe
- ecosdacomarca
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza
A pasada fin de semana o GTR Galaico Trail Run organizou a 12ª edición do Desafío Serra do Candán & Trail de Vilatuxe, que contou ca presencia de 600 corredores e case outro tanto de afeccionados que viñeron a visitar o Deza dende moitos puntos de España.
"Dende o clube queremos agradecer o excelente traballo dos voluntarios e o respeto cos que os atletas e siareiros trataron todo o percorrido deixandoo tal como estaba sen ningún lixo".

Resultados dos Galaicos:
"Respecto o nosos representante destacamos no Trail Longo de 34 quilómetros a Alina Cimpean que subeu o máis alto do podio na xeral femenina, unha proba onde competía contra a 4ª e 9ª do pasado Campionato de España, así como Bruno Ferradás que quedou 5º da xeral un magnífico posto", sinala o GTR.
No Trail Curto de 18k Camilo Framiñán finalizou 6º de 177 que conseguiron rematar a dura proba.
Na Distancia Promo de 13k Andrea Vázquez chegou a 1ª na xeral femenina.
ECOS DA COMARCA ESTIVEMOS NESTA COMPETICIÓN. COMPARTIMOS VÍDEO:
Publicidade
Tamén o 7 de xuño foi a Traveserina, durísima proba en Picos de Europa de 46 quilómetros e 3160 + e 4050- de desnivel. "Participou Alberto Villamor que chegou nun excelente posto, 26º de 450 participantes, nunha das míticas carreiras por montaña", sinala o club.
O venres en Silleda foi a X Carreira Popular @ABanca Semana Verde de Galicia e alí as Galaicas Lucía González subía o 3º chanzo da xeral femenina e 1ª cat. máster 1, seguida de Marga Blanco que tamén acadaba o 2º posto na cat. master 2.
Comments