top of page

Regades agradece en Lalín o apoio a Pedro Sánchez dos socialistas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes

Ecos da Comarca/Lalín

Este martes reuniuse en Lalín o secretario xeral provincial do PSOE, David Regades, coa militancia socialista das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, no marco dun percorrido polas diferentes comarcas da provincia para agradecer o apoio a Pedro Sánchez e o compromiso dos militantes e simpatizantes do PSdeG-PSOE "coa defensa democracia e fronte a crispación e o odio da dereita".


Publicidade

David Regades sinalou que "fronte os incontestables datos económicos, fronte a creación récord de emprego e fronte o liderado de España en crecemento temos un PP centrado na política dos insultos e os bulos”. “Mentres o Goberno socialista ofrece xestión e responde cos mellores datos económicos dos últimos anos, o PP e os seus socios da ultradereita pretenden acabar coa persoa que elixiron os españois para presidir España e, sobre todo, co que representan as súas políticas, mediante falsidades, insultos e crispación”, afirmou, para resaltar que “desde o PSdeG-PSOE imos seguir defenfendo o diálogo, a política útil e a democracia por enriba de calquera outros posicinamento”.


Publicidade

No encontro participaron tamén, entre outros, a vicesecretaria xeral provincial, deputada e alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, o eurodeputado, Nicolás González Casares, o alcalde de Rodeiro, José Luís Camiñas, ou os secretarios locais, Alba Forno e Luís López Bueno.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page