top of page

Rafael Cuiña asume as reivindicacións da veciñanza de Noceda e adquire o compromiso de executalas


Ecos da Comarca/Lalín

O candidato de Compromiso por Lalín, Rafael Cuiña, asume as reivindicacións que lle presentaron os e as veciñas de Noceda durante un mitin celebrado nesta parroquia en días pasados. Fíxoo tras poñer en valor o enorme traballo que está a realizar a veciñanza na dinamización cultural e social da zona.


No mitin de Noceda, os veciños e veciñas presentáronlle a Rafael Cuiña e aos membros do seu equipo unha listaxe de demandas, en diferentes eidos, para a mellora da calidade de vida de Noceda.

Preme na imaxe se queres obter máis información deste evento.

Entre elas están a realización da rede de saneamento na parroquia ou o acondicionamento da parcela coñecida como “Finca do Iglesario”coa finalidade de convertela nun espazo público para diferentes usos (como campo de festa ou un campo multifuncional...). A veciñanza tamén quere que se lle solicite á Consellería de Medio Rural a finalización da concentración parcelaria ou a mellora na rede de pistas, fontes e sinalización dos diferentes lugares da parroquia, así como apoio ao tecido asociativo.


En paralelo, a asociación de veciños de Noceda tamén demanda apoio ao proxecto de rehabilitación e conservación dos muíños na contorna da carballeira de Lamas, ademais da mellora do tendido eléctrico. “Son cuestións”, relata Cuiña, “que encaixan perfectamente no modelo de apoio ao rural que se concreta no noso programa electoral para as eleccións municipais”. Neste senso, sinala que a mellora de pistas e os saneamentos, cun mínimo de investimentos comprometidos para o vindeiro mandato, van ser actuacións cruciais dentro da nosa acción política para os vindeiros anos”.

A maiores destaca que a recuperación e acondicionamento de espazos públicos e elementos patrimoniais, como os muíños, tamén constitúen un dos eixes do noso proxecto para Lalín.


Cuiña quixo poñer en valor a excepcional implicación que ten a asociación de veciños de Noceda no coidado e dinamización da súa parroquia, e comprometeuse tamén a apoiar de maneira decidida a celebración de eventos como o Noceda Rock.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page