Medio Rural abre dende hoxe as comunicacións para as queimas agrícolas e restos forestais amoreados
- ecosdacomarca
- hace 20 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Consellería do Medio Rural reactiva dende hoxe mesmo as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na nosa comunidade, tanto dende a web habilitada como a través do teléfono 012. Os que soliciten un novo permiso hoxe, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a normativa, poderán levar a cabo a queima a partir deste venres, 9 de maio.

Como viña sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima
correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en
explotacións agrícolas e/ou gandeiras”. No caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono.
Publicidade
A maiores, tamén se retoman desde hoxe as solicitudes de autorización para efectuar
queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, como vén sendo habitual, cómpre
contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.
Publicidade
Cabe engadir que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da
Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de
prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días
laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as
queimas. Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días
que hai vento e altas temperaturas.
Comments