top of page

Un camión envorca na parroquia agoladesa de Brántega

Ecos da Comarca/Agolada

Este mércores rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Agolada. Tal e como informa o 112 Galicia un camión formigoneira saíuse da vía e quedou envorcado. O 112 Galicia foi alertado ás 15:08 horas.

O camión envorcado en Brántega hoxe. Autor: Cedida.
O camión envorcado en Brántega hoxe. Autor: Cedida.

O suceso ocorreu na estrada EP- 6302 (Berredo-Brántega) á altura do quilómetro 6,3 en Brántega. Consistíu nunha saída de vía na marxe esquerda con posterior envorcamento, pero o vehículo quedou fóra do vial.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O 112 Galicia sinala que condutor estaba xa fóra, pero tivo que ser trasladado, ao quedar ferido de carácter leve.

O 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bomberios de Deza, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Agolada e ao Servizo de Mantemento da Estrada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ás 18 horas continuaban no lugar os traballadores do Servizo de Mantemento da Estrada e estabase agardando á chegada dun guindastre para retirar o vehículo.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page