"É un compromiso desa Consellería ca asociación e cos máis de 800 afectados dende o ano 2019 e que a día de hoxe segue sen materializarse", sinala o colectivo
Ecos da Comarca/Xeral
A Asociación Queremos Parcelarias de Agolada vai solicitar á Consellería de Medio Rural que de forma urxente decrete os procesos de reestruturación parcelaria pendentes en Agolada. "É un compromiso desa Consellería ca asociación e cos máis de 800 afectados dende o ano 2019 e que a día de hoxe segue sen materializarse", sinala o colectivo.
"Se como venden queren fixar poboación e mellorar a vida da xente do rural, é imprescindible crearlle os interesados as condicións axeitadas para que poidan levar a cabo os proxectos (moitos, variados e sostibles) que pretenden desenrolar nestas 11 parroquias".
E apunta que "levamos seis anos solicitando a Xunta os procesos parcelarios, 20 anos desde o comezo das mesmas", con proxectos enriba da mesa que se caracterizan por:
mellora da economía da zona:
Fixación de poboación no rural
Distribución da riqueza no territorio
Sostibilidade ambiental
Diversidade de cultivos
Publicidade
Sinalan que como case veciños da conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, a asociación vai convidala para que participe nun encontro con distintas asociacións, e por suposto, representantes do Medio Rural para contrastar os beneficios sobre o medio ambiente e sobre a economía local dos proxectos presentados por esta asociación frente a outros proxectos que pretenden instalarse nesta contorna "non respetuosos co medio natural", puntualiza a asociación.
"Non debemos esquecer que esta asociación está avalada por máis de 800 firmas que piden a finalziación de oito procesos de reestruturación que están iniciados e paralizados dende 2010 (670 firmas) e o inicio de outros tres (máis de 150 firmas), portavoz destes 900 afectados imos pedir ás consellería de Medio Rural e Medio Ambiente que se elabore un estudo completo sobre as potencialidades socioeconómicas do noso territorio se levaramos a cabo todos os proxectos presentados na Xunta e outros, como poderían ser: un proxecto de recuperación integral de todos os muíños do Ulla e os seus afluentes. Que estes muíños serviran para recuperar as especies autóctonas dos nosos ríos e que poden servir para crear riqueza; un proxecto integral de turismo con apoio económico para recuperar casas abandonas e poñelas no mercado do turismo rural; potenciar todos os atractivos turísticos da comarca que son moitos (fervenzas, Mar do Deza, castros...; potenciar o cultivo de produtos agrícolas e gandeiros de calidade que aporten valor engadido, que tanto precisamos ".
Publicidade
Trátase, resalta, "de crear riqueza sostible, de potenciar os nosos recuros naturais e non de destruilos. De crear riqueza sostible, de potenciar os nosos recursos naturais e de non destruilos. De crear riqueza dunha forma que convide á xente a quedarse nun entorno saúdable e non que teñamos que marchar por problemas de contaminación. De crear para a xente sacou adiante o noso país, non para que simplemente teñen interese se a rendabilidade para eles e de dous díxitos. Crear riqueza da que poida desfrutar os nosos fillos. Así mesmo, esiximos aos tres grupos políticos da Corporación de Agolada a que se posicionen sobre que modelo produtivo están dispostos a apoiar no rural do noso concello: o modelo produtivo que propón Queremos Parcelarias baseado na diversidade de cultivos, na sostibilidade ambiental, na mellora da economía da zona, na fixación de poboación no rural, na da distribución da riqueza no territorio a través da economía circular ou o baseado en instalar industrias contaminantes que non xeneran riqueza no noso rural e destrúen o medio no que vivimos".
Comentarios