top of page

PSOE: "O PP de Melide despreza á comunidade educativa con mentiras electoralistas e con chantaxes"

"Dalia García, promete en pre-campaña un patio cuberto para o colexio Martagona, algo, que durante anos de goberno negou e mesmo o seu partido votou en contra reiteradas veces, tanto no Pleno en Melide como no Parlamento de Galicia", recalca Prado


Ecos da Comarca/Melide

O PSOE de Melide cuestiona que o PP do municipio prometa na precampaña un patio cuberto para o colexio da Martagona.


"Cunha actitude lamentable, a voceira do PP de Melide, Dalia García, condiciona o cumprimento das obrigacións da Xunta, como responsable das competencias en Educación e os dereitos educativos dos nenos ao que seus pais e nais voten o vindeiro 28 de maio", lamenta o PSOE.

E incide en que "a comunidade educativa do CEIP Martagona, leve moitos anos reclamando inversións absolutamente necesarias, sen que a Xunta as fixese e os gobernos municipais do PP non as apoiase, incluso ela como alcaldesa non fixo nada a favor para resolver os problemas existentes".

"A necesidades de inversións no colexio da Martagona veñen dende hai máis de 15 anos. A construción dun patio cuberto, xa que é o único colexio que non o ten, arraxar o peche perimetral que está en moi mal estado, xunto con outras, son reclamacións das cales a Xunta ten constancia dende hai anos por medio de escritos das AMPAS, dos equipos directivos, acordos do Consellos Escolares, emendas aos orzamentos da Xunta e escritos do Goberno Municipal actual. Atreverse a condicionar as inversións da Xunta de Galicia, ao que se vote o 28 de maio, amosa unha falta de respeto a comunidade educativa, un desprezo pola ética na xestión pública e o concepto que a voceira do PP ten da política: os dereitos dos cidadáns están ao servizo do seu interese persoal e dos do seu partido", reprocha o socialista e actual tendente de alcalde de Melide, José Antonio Prado.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page