Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide anuncia que proxectará un edificio cuberto multifuncional no perimetro do CEIP Martagona que por unha banda subsane os problemas de espazo cuberto deste centro e por outro, poida incrementar os espazos multideportivos do Concello. “Xa se utilizou esta formula de colaboración entre Educación e o Concello no pavillón que actualmente está no IES de Melide polo que non sería un procedemento novidoso” aportan os populares melidenses que sinalan que estes catro anos supuxeron "unha oportunidade perdida: 4,5 millóns de aforro municipal que se podían ter investido na mellora da vida dos cativos e cativas do noso concello".
Así mesmo, sinalan que o bipartito AM-PSOE "só comenzou a facerse eco das demandas dos CEIPs da vila así como do IES de Melide en canto e tanto o PP iniciou a rolda de contactos con aras de escoitar a toda a comunidade educativa, as súas demandas e necesidades", ao que a xuízo do grupo popular "é un síntoma máis de esgotamento dun bipartito que non aportou nada aos melidenses".
"Dende o PP, se os melidenses nos outorgan a súa confianza o vindeiro 28 de maio traballaremos para, ademais de conseguir investimentos que quedaron no tinteiro, poidamos traballar para que o patio cuberto no CEIP A Martagona sexa unha realidade que beneficie a todos", incide.
Pola súa banda, o PSOE critica esta promesa. O que di no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/psoe-o-pp-de-melide-despreza-%C3%A1-comunidade-educativa-con-mentiras-electoralistas-e-con-chantaxes
Comments