Protección Civil de Vila de Cruces recibe un kit de material loxístico de seguridade viaria
As de Agolada, Palas de Rei e Touro figuran no apartado de reserva para obter outros equipamentos de emerxencia
Ecos da Comarca/Xeral
O Diario Oficial de Galicia publicou onte a resolución da orde pola que se establecen as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de municipios galegos que conten con agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC). Un total de 39 entidades locais resultaron beneficiarias da medida, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2021-2027. Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa recibe estas axuda a agrupación de Vila de Cruces, mentres que a de Agolada, Palas de Rei e Touro quedan en reserva.

Segundo a resolución publicada, cédense 19 kits de material loxístico de seguridade viaria a seis concellos da Coruña, un Lugo, nove de Ourense e tres de Pontevedra; e 20 kits de ferramentas eléctricas a cinco municipios da Coruña, dous de Lugo, sete de Ourense e catro de Pontevedra, ademais de á Mancomunidades do Val Miñor e á Agrupación de Concellos de Ribeira de Miño, tamén en Pontevedra.
Así das comarcas Protección Civil de Vila de Cruces obtivo 36,79 puntos e logrou un kit de material loxístico de seguridade viaria.
PUBLICIDADE
Mentres outras entidades das comarcas figuran na listaxe de reserva. Son:
Liña 1. Kits de material loxístico de seguridade viaria
A de Agolada que obtivo 30,81 puntos.
A de Palas de Rei con 23,12 puntos.
Liña 2. Kits de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias
A de Touro con 18,12 puntos
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261113/AnuncioG0759-061126-0001_gl.html
PUBLICIDADE
As entidades locais beneficiarias ás que, a través desta resolución, se lles concede o equipamento solicitado terán de prazo dez días hábiles desde a recepción da comunicación da resolución favorable para aceptar ou renunciar á subvención. O prazo estimado para a sinatura da acta de cesión do material será de tres meses desde a súa recepción.
A través desta convocatoria dótase do equipamento necesario aos concellos con servizos de protección civil e emerxencias, co obxectivo de reforzar a súa capacidade de resposta e garantir unha actuación eficaz e segura ante situacións de risco.









Comentarios