A conselleira de Medio Rural asiste ao xantar de confraternización da Cooperativa O Rodo
Resaltou nesta cita de Rodeiro o valor do cooperativismo para favorecer o desenvolvemento das explotacións agrogandeiras
Laura Moure/Rodeiro
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou onte no xantar de confraternización da Cooperativa O Rodo, celebrado nas súas instalacións do concello de Rodeiro. Nela resaltou o valor do cooperativismo para favorecer o desenvolvemento das explotacións agrogandeiras.
Neste sentido, lembrou o traballo que leva realizando O Rodo desde a súa fundación en 1988, acompañando ao longo de case catro décadas aos profesionais da agricultura e da
gandaría na comarca. A conselleira salientou que a unión a través das cooperativas
permite compartir recursos, coñecementos e oportunidades.

Por outra banda, puxo en valor o tecido agrogandeiro da comarca do Deza, concretamente
no concello de Rodeiro, no que os sectores lácteo e o cárnico, entre outros, xogan un
papel fundamental no impulso económico da zona.
A maiores, a titular do departamento fixo fincapé na importancia de seguir defendendo
“sen perder a esperanza” que a nova Política Agraria Común (PAC) a partir de 2028 conte
cun financiamento forte que garante a continuidade dos fondos destinados ao
desenvolvemento rural, debido á positiva repercusión que teñen no noso territorio.
PUBLICIDADE
kskd kas kdkas kdlal dlals lsld masmdlsamfkmskdfmsm sfdm lf slfsdl f
PUBLICIDADE









Comentarios