top of page

O proxecto Cruces en IguAldade remata cun obradoiro de corresponsabilidade e coeducación

hace 3 minutos
1 min de lectura

A iniciativa foi impulsada pola ANPA do CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O pasado xoves, 12 de novembro, celebrouse a última xornada do proxecto «Cruces en IguAldade», impulsado pola ANPA do CEIP Plurilingüe Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces. A iniciativa clausurouse cun un obradoiro de corresponsabilidade e coeducación para as familias.

Nesta ocasión foi a quenda das familias, que participaron nun obradoiro de corresponsabilidade e coeducación da man de Sororas S. Coop. Galega, un espazo para reflexionar sobre os estereotipos e roles de xénero e como estes inflúen na nosa vida cotiá, contribuíndo a manter as desigualdades entre mulleres e homes.

 PUBLICIDADE

A través de dinámicas participativas, as familias puideron experimentar como romper cos roles tradicionais de xénero e compartir responsabilidades contribúe a construír unha sociedade máis xusta e igualitaria, na que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades.


Para poñer o broche final á xornada, crianzas e persoas adultas compartiron un espazo de xogo, demostrando que construír a igualdade está nas nosas mans e é cousa de todas e todos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Porque a igualdade tamén se aprende, se practica e se constrúe en familia. Este proxecto foi posible grazas liña de axuda da Dirección Xeral de Promoción de Iguladade, SI449B - Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Operación cofinaciadas con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page