Antas de Ulla acolle mostra fotográfica «Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel»
Laura Moure/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla inaugurou esta semana a exposición «Destino. Unha peregrinación», do fotógrafo galego Manuel Valcárcel, nunha iniciativa organizada en colaboración con Abanca e Afundación. O acto de apertura contou coa presenza da alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, así como de representantes das entidades colaboradoras.

A mostra propón unha viaxe fotográfica a través de catro peregrinacións en catro continentes: Tíbet, Senegal, México e Galicia. Un percorrido visual que reúne imaxes cargadas de emoción, cor e significado, nas que se abordan cuestións universais como a vida, a familia, a emigración e as raíces.
PUBLICIDADE
A través da mirada de Manuel Valcárcel, os visitantes poderán achegarse a diferentes culturas e realidades, descubrindo as historias humanas que se agochan detrás de cada fotografía.
A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 20 de decembro na Casa do Director, anexa á Casa da Cultura de Antas de Ulla. O horario de apertura é de luns a venres, de 16:00 a 19:00 horas.
PUBLICIDADE
Desde o Concello animan á veciñanza e ás persoas interesadas na fotografía e na cultura a achegarse para descubrir esta proposta artística.









Comentarios