top of page

Prende lume nun cadro eléctrico dun piso no casco urbano de Vila de Cruces

A vivenda, situada na Rúa Castelao, esta baleira


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) foi alertado este xoves ao redor das dez da mañá dunha alarma de incendio en Vila de Cruces. Tal e como informa Protección Civil da localidade ardeu o cadro eléctrico dun piso que se atopa baleiro.


O suceso tivo lugar na Rúa Castelao do casco urbano de Vila de Cruces, concretamente no número 2. Nas labores de extinción ademais de Protección Civil participaron os bombeiros de Deza e o lume foi sofocado cun extintor. Despois procedeuse a airear o inmoble.

ree
Os bombeiros no lugar do suceso. Autor: Protección Civil de Cruces.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page