top of page

Os xogadores da Selección Española de balonmán adestran en Lalín para o partido contra Serbia

Este disputarase este mércores, 8 de maio, na capital de Deza


Ecos da Comarca/Lalín

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este luns no pavillón Lalín Arena á sesión de adestramento da Selección Española absoluta de balonmán previa ao partido clasificatorio para o mundial previsto para mañá, mércores 8 de maio, no mesmo escenario fronte ao combinado de Serbia. Unha cita decisiva que conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra.


Publicidade

O mandatario provincial tivo a oportunidade de saudar aos xogadores e desexarlle sorte para un partido vital no que contarán con todo o apoio da sociedade pontevedresa, que encherá as bancadas deste pavillón para afrontar con vantaxe o encontro de volta desta eliminatoria que se resolverá en Serbia.


Publicidade

NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page