top of page

Os melidenses Xesús Ferreiro e Xavier Anido e o silledense Christian Costoya, na Gala 2025 da FGA

Os de Melide gañaron o Europa de Rallys Históricos e o de Trasdeza foi fixado por McLaren


Ecos da Comarca/Melide/Silleda

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu o pasado sábado á Gala 2025 da Federación Galega de Automobilismo onde destacou o crecemento do motor en Galicia nos últimos anos como demostran os vinte títulos galegos ou podios nacionais e internacionais acadados na última tempada.

Grandes logros como o subcampionato do Supercampionato de España de Rallys de Javier Pardo, o campionato de España de Rallys de Asfalto de Jorge Cagiao e Javi Martínez, o triunfo no Campionato de Europa de Montaña de Luis Penido, o campionato de Europa de Rallys Históricos dos melidenses Xesús Ferreiro e Xavier Anido, así como a fichaxe da gran promesa do automobilismo galego, o silledense Christian Costoya, por McLaren. No que respecta ás probas galegas cómpre mencionar tamén a Víctor Senra e Alberto Meira, campión e subcampión da categoría raíña, o asfalto.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Para o conselleiro de Deportes, estes éxitos son acadados grazas a “tremenda calidade” dos deportistas, pero tamén co “apoio e compromiso” que leva amosando a Xunta nos últimos anos.


O conselleiro felicitou aos premiados na Gala ao tempo que recoñeceu o labor da Federación, á que tendeu a man para continuar alcanzando novas metas

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Dende 2009, o automobilismo galego recibiu 4 millóns de euros do Goberno galego, destacando preto de medio millón en patrocinios neste 2025, incrementando o investimento un 30% con respecto ao exercicio pasado.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

En Nadal ECOS DA COMARCA entrevistou a Ferreiro e Anido. A entrevista no enlace: facebook.com/reel/1829117781064639/?s=single_unit




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page