Orixinouse un lume nunha chimenea da parroquia melidense de Vitiriz
- ecosdacomarca

- 3 feb 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Este mediodía orixinouse un incendio dunha vivenda de Melide. Ás 11:55 hora foi alertado o 112 Galicia. O suceso ocorreu no lugar de Rocamador, na parroquia de Vitiriz.

O 112 Galicia pasou aviso á Garda Civil, aos bombeiros de Arzúa e á Policía Local. "Informáronos os bombeiros que ardeu a feluxe no interior da chimenea e que había bastante fume na vivenda, polo que procederon a apagar o lume e a ventilar a casa", sinala o 112.

Non houbo ningunha persoa afectada.






Comentarios