Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Ola de roubos en vivendas deshabitadas no municipio de Agolada

Os ladróns estanse levando sobre todo grifos


Ecos da Comarca/Agolada/Santiso

O municipio de Agolada rexistrou varios roubos en casas deshabitadas nos últimos días. Vivendas que se atopan nas parroquias de Berredo, onde ao menos entraron en dúas; Borraxeiros ou Ramil. Sospéitase que se trata da mesma banda porque en todas están levando os grifos de cociñas e dos baños.


Ademais, noutras casas substraeron lámpadas, e de momento, os donos non botaron en falta nada de maior valor. En todas accederon rompendo unha ventá , sobre todo, as que se atopan na parte de atrás, e incluso, en algunhas eran ventás moi pequenas. Xa presentaron denuncias ante a Garda Civil.


Cabe mencionar que tamén no municipio veciño de Santiso, botaron en falta tuberías de cobre, que estaban usando nunha vivenda para realizar unha reforma.


Pídese máxima difusión para que os amigos do alleo non sigan actuando e se algúen ve algo sospeitoso que se poña en contacto coa Garda Civil.


Unha das vivendas roubadas.

Autor: M.M.M.

1,456 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE