O tenente de alcalde de Rodeiro, Alberte Lamazares, responde ás declaracións do PP da comarca de Deza
- ecosdacomarca

- hace 11 horas
- 3 Min. de lectura
"Insto ao Lugués a facerlle caso a Crespo e reconducir as políticas provincias en beneficio das proximidades ás Rías Baixas fronte o interior. Esta pulla foi enviada no acto de presentación do plan extraordinario presentado en Vilatuxe e segue sen ter efecto"
Ecos da Comarca/Deza
O tenente de alcalde de Rodeiro, Alberte Lamazares, responde ás declaracións do PP da comarca de Deza. Os populares acusaron ao BNG de ter unha “dobre vara de medir” por estar constantemente esixindo as súas “receitas máxicas e facendo propostas extemporáneas moi alonxadas do que precisan os cidadáns á Xunta, a Deputación e aos alcaldes e gobernos locais, cando vén de quedar demostrado, coa dimisión de Ariadna Fernández como concelleira, que nin sequera son capaces de ordear a súa propia casa dunha grave crise interna”. Tamén mecionaron directamente ao líder de Unidade por Rodeiro e tenente de alcalde de Camba, Alberte Lamazares, que onte quixo responderlles.
"Ao PP Provincial instariao a centrarse na xestión das administracións que goberna e instar aos seus representantes en Bruxelas a defender os intereses do Agro fronte aos coches de Alemaña e o aceite do sur, así como por orden na Consellería de Medio Rural xa que a dirección xeral desta consellería está pasando por difultades extremas grazas as disputas entre Elena Candia e Luís López. Xa que esta propuxo ao Conselleira e Pontevedra mantén as dirección xeral malia todos os conflitos".

Para os populares do Deza, a grave crise interna do BNG da comarca "ten a súa orixe na loita polo protagonismo, o poder e os ciumes entre Vilariño e Fernández, pero tamén ten un foco importante no apoio e a boa relación da deputada lalinense co voceiro de UxR e exnacionalista, Alberte Lamazares, ao que o voceiro do Bloque de Lalín e político nacionalista de máis peso na bisbarra considera un traidor desde que o deixou colgado sen candidatura do BNG en Rodeiro ás portas das eleccións municipais de 2019 -para liderar unha proposta independente-, cando xa non había marxe nin prazo para artellar unha lista nese municipio e que tamén impedíu a concorrencia do Bloque en 2023, sendo o único municipio da provincia ao que deixaron abandonado”.
Aquí, apunta Lamazares, "os problemas e as disputas páganas os xóvenes que ven que ano tras ano hai problemas na concesión de axudas para as incorporacións e plan de mellora e todo problemas internos. Tamén instamos ao Lugués a facerlle caso a Pepe Crespo e reconducir as políticas provincias en beneficio das proximidades ás Rías Baixas fronte o interior, pulla que foi enviada no acto de presentación do plan extraordinario presentado en Vilatuxe e segue sen ter efecto na Deputación, onde os concellos do interior seguen sen ter partidas específicas onde concello do tamaño de Rodeiro e Lalín carecen de plan específicos para manter as seu territorio".
Publicidade
De feito, o edil de Camba insta ao Luis López, "no caso de que as vicepresidencias llo permitan, sacar un plan específico para colaborar co mantemento das infraestruturas viarias ao igual que está propoñendo a Deputación de Ourense".
O lóxico, explica, sería un plan extraordinario "de entre 35 e 50 millóns de euros proporcional as dimensións de cada concello para facer fronte a problemática que xeraron as diversas DANAS. A Deputación dispón deses recursos, so lle falta vontade. Pero claro, Luís López está a outra cousa, a facer oposición ao goberno do estado e aos gobernos locais mentres as diputación xestionase dende as Rías Baixas".
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

En definitiva, recalca Lamazares: "dicirlle ao PP provincial que se centre no Sector Primario e nas infraestruturas provinciais e que se deixe de escoitar as quen lle fale sobre as miñas amizades, que en todo lle dou as razón excepto no de "político nacionalista de máis peso da bisbarra", dicirlle que eu son nacionalista ando no 84kl".
O que dixeron os populares no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/pp-o-bng-dez%C3%A1-ten-dobre-vara-de-medir-sen-ser-capaz-de-ordear-a-s%C3%BAa-casa-cunha-grave-crise-interna







Comentarios