O Sergas comprométese a renovar a cuberta do ambulatorio de Cruces tras a visita ás instalacións
- Laura Moure

- hace 12 minutos
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Vila de Cruces
O xerente doSergas, José Ramón Parada Jorgal, realizou na xornada de onte unha visita ao centrode saúde de Vila de Cruces para coñecer de primeira man o estado das instalacións e as necesidades existentes. Na visita estivo acompañado polo alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, xunto con membros do equipo de goberno municipal e a xefa da Unidade de Atención Primaria de Vila de Cruces.

Durante o encontro, o goberno cruceño trasladou á Xerencia do Sergas as principais deficiencias estruturais que presenta o edificio, especialmente os problemas derivados
do mal estado da cuberta e da envolvente do centro, unha situación que o Concello
leva tempo poñendo en coñecemento da Consellería de Sanidade e do propio Sergas.
Como resultado desta visita, a Xerencia comprometeuse a elaborar un proxecto para o cambio da cuberta e o arranxo integral da envolvente do edificio. Así mesmo, sinalou
que se traballará na procura de financiamento a través de distintas liñas de subvención
que permitan acometer esta actuación.
Publicidade
Mentres non se executen estas obras de maior alcance, tamén se procederá ao
arranxo das goteiras existentes e á realización de distintos labores de mantemento co
obxectivo de mellorar as condicións actuais do centro.
PUBLICIDADE
Desde o Concello de Vila de Cruces valoran positivamente este compromiso e lembran
que seguirán traballando para avanzar na mellora das infraestruturas do centro de
saúde e garantir unha atención sanitaria de calidade para toda a veciñanza.
NOTICIA RELACIONADA:
O BNG de Cruces denuncia o incumprimento do Sergas coa visita comprometida ao centro de saúde: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-cruces-denuncia-o-incumprimento-do-sergas-coa-visita-comprometida-ao-centro-de-sa%C3%BAde
O Concello de Cruces reunirase o 16 coa Xerencia do Sergas para tratar as deficiencias do ambulatorio: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-de-cruces-reunirase-o-16-coa-xerencia-do-sergas-para-tratar-as-deficiencias-do-ambulatori








Comentarios