top of page

O Concello de Cruces reunirase o 16 coa Xerencia do Sergas para tratar as deficiencias do ambulatorio

O goberno municipal celebrou onte un encontro co persoal do centro de atención primaria para concretar as necesidades do edificio


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O goberno municipal de Vila de Cruces mantivo onte unha nova reunión co persoal sanitario do centro de saúde do municipio para concretar as prioridades que se trasladarán á Xerencia do Sergas en relación coas deficiencias e necesidades existentes no edificio.

O Concello leva meses comunicándolle á Xerencia do Sergas e á Consellería de Sanidade as graves deficiencias que presenta o centro de saúde, “unha situación reiteradamente comunicada e que afecta directamente á calidade da atención que recibe a veciñanza, á seguridade das instalacións e ás condicións de traballo do persoal sanitario”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O pasado 16 de febreiro, ante a falta total de resposta, o Concello remitiu unha última comunicación advertindo que, de non obter contestación inmediata, procederíase ao inicio dun calendario de mobilizacións. Neste punto, o día 20 de febreiro a Xerencia do Sergas contactou co Concello para confirmar a visita ao centro de saúde o vindeiro 5 de marzo, aínda que por cuestións de axenda do xerente do Sergas finalmente a xuntanza será o 16 de marzo.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

O Concello de Cruces agarda que esta visita non quede nun xesto formal, senón que serva para dar unha “resposta real e efectiva a unha situación que se vén prolongando no tempo e que require solucións urxentes”.


NOTICIA RELACIONADA:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page