top of page

O BNG de Cruces denuncia o incumprimento do Sergas coa visita comprometida ao centro de saúde

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O portavoz do BNG de Vila de Cruces, Alex Fiuza, vén de amosar a súa profunda

preocupación pola falta de palabra do xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José

Ramón Parada Jorgal, quen no mes de novembro de 2025 se comprometeu publicamente arealizar unha visita ao centro de saúde de Vila de Cruces para avaliar o seu estado. Catro

meses despois, non hai ningunha noticia ao respecto nin data prevista para esa visita.

Segundo lembra Fiuza, o compromiso foi adquirido no marco da Comisión 5ª do Parlamento galego, tras trasladarse as demandas de doentes, persoal sanitario e do propio BNG local sobre as graves deficiencias que presenta o centro.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

"Ante esta situación de bloqueo e inacción por parte da Xunta", as deputadas do Grupo

Parlamentar do BNG, Ariadna Fernández González e Montserrat Prado Cores, rexistraron unha batería de preguntas para aclarar cando se vai facer esa visita.O estado do centro de saúde de Vila de Cruces leva anos sendo obxecto de emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia por parte do BNG, solicitando unha partida específica que permita corrixir as graves eivas que presenta a infraestrutura.


"Porén, o Goberno galego vén votando reiteradamente en contra destas propostas, a última vez a finais de 2025, pouco despois de abordar novamente esta cuestión en comisión parlamentar. Precisamente nesa Comisión 5ª acadouse o compromiso do xerente do Sergas de realizar unha visita oficial por parte da Consellería para valorar as condicións das instalacións e adoptar medidas. Un compromiso que, a día de hoxe, segue sen cumprirse. Mentres tanto, a realidade do centro continúa a deteriorarse: humidades persistentes, goteiras que obrigan a colocar baldes nos corredores para evitar esvaramentos, deficiencias estruturais, problemas na distribución dos espazos e precariedade nos medios dispoñibles. Unha situación que afecta directamente á calidade asistencial e á seguridade de pacientes e profesionais".

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Por estes motivos o Grupo Parlamentar do BNG preguntaralle ao goberno "en que intervalo de datas se realizará a visita ao centro de saúde de Vila de Cruces para valorar as eivas

que presenta?: Tamén se considera a Xunta de Galiza que adiar durante case medio ano a

visita ao centro de saúde de Vila de Cruces é unha actitude responsable tendo en conta as

graves deficiencias que presenta a instalación?"


O BNG de Vila de Cruces esixe que se cumpra de inmediato o compromiso adquirido e que se actúe con urxencia para garantir unhas instalacións sanitarias dignas para a veciñanza do concello. “A saúde da nosa xente non pode seguir agardando”, conclúe Álex Fiuza.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page