O SAF de Cruces retomouse onte con medidas de protección e continúa a vixilancia ante a sarna
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Crues informou que o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) retomou onte, mércores, a súa actividade seguindo as indicacións marcadas polas autoridades sanitarias ante a aparición de casos de sarna noruega neste municipio, empregando equipos de protección individual (EPIs) e luvas para garantir a seguridade tanto das persoas usuarias como do persoal do servizo.

Segundo se informou tamén o ente local, mantense activa a vixilancia epidemiolóxica co obxectivo de identificar posibles casos afectados e realizar o seguimento correspondente.
PUBLICIDADE
Ademais, nos vindeiros días distribuirase entre as persoas usuarias do SAF unha folla informativa elaborada pola Consellería de Sanidade sobre a sarna e o seu tratamento.

PUBLICIDADE
Desde os servizos sanitarios faise un chamamento á colaboración cidadá e recoméndase á veciñanza que, ante calquera sospeita ou aparición de síntomas compatibles, contacte co seu centro de saúde para recibir asesoramento e seguimento médico.
NOTICIA RELACIONADA:
Detectados varios casos de sarna humana noruega en Vila de Cruces: https://www.ecosdacomarca.com/post/detectados-varios-casos-de-sarna-humana-noruega-en-vila-de-cruces








Comentarios