top of page

Detectados varios casos de sarna humana noruega en Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces informa da detección de varios casos de sarna noruega no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) municipal, coñecidos ao mediodía de onte, 4 de maio. A situación foi comunicada de inmediato ás autoridades sanitarias competentes, activándose un protocolo de actuación urxente.

Como medida preventiva, o servizo foi suspendido temporalmente á espera das indicacións do SERGAS. Tras a avaliación do caso por parte do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas de Pontevedra, e seguindo as súas recomendacións, o Concello decidiu reactivar hoxe o SAF, aplicando estritamente o protocolo establecido para a sarna humana.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Desde a administración local trasladouse toda a información dispoñible ás autoridades sanitarias co obxectivo de facilitar o seguimento e control da situación, mostrando ademais plena disposición para colaborar en todo o necesario.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O alcalde, Luís Taboada, fai un chamamento á veciñanza para que, ante calquera dúbida ou sospeita, contacte co seu centro de saúde e siga rigorosamente as indicacións sanitarias.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page