O PSOE de Lalín e o PSE de Barakaldo intercambian proxectos para mellorar os seus municipios
- ecosdacomarca

- hace 5 minutos
- 2 min de lectura
As portavoces socialistas de Barakaldo e Lalín, Alba Delgado e Alba Forno, percorreron a localidade e intercambiaron experiencias, iniciativas e proxectos desenvolvidos
Ecos da Comarca/Lalín
A portavoz do PSE-EE de Barakaldo, Alba Delgado, visitou esta fin de semana Lalín, onde mantivo un encontro coa portavoz do PSdeG-PSOE local, Alba Forno, co obxectivo de intercambiar experiencias, iniciativas e proxectos desenvolvidos en ambas as localidades.

Durante a visita, ambas as representantes socialistas percorreron distintos puntos de Lalín e puxeron en común propostas que se están desenvolvendo en Barakaldo e que poderían adaptarse e trasladarse á realidade lalinense. Ao mesmo tempo, analizaron iniciativas que propoñen para Lalín que poderían servir de referencia para a cidade vasca.
PUBLICIDADE
O encontro permitiu así abrir unha nova vía de colaboración e intercambio de ideas entre ambas as localidades. No marco desta visita, Alba Forno e Alba Delgado acordaron tamén organizar unha próxima visita aos Centros Galegos Vascos, co obxectivo de coñecer o seu traballo e estreitar a colaboración con estas entidades, que desempeñan un importante papel no mantemento dos vínculos entre a comunidade galega e o País Vasco.
PUBLICIDADE
Desde o PSdeG-PSOE de Lalín destacan a importancia deste tipo de encontros para “compartir experiencias, coñecer iniciativas que funcionan noutros municipios e buscar proxectos que poidan contribuír a mellorar a vida das veciñas e veciños”, á vez que se fortalecen os lazos entre Lalín e Barakaldo.
PUBLICIDADE
Pola súa banda, a portavoz socialista no Concello de Barakaldo manifestou: “Para nós é importante poder coñecer e compartir experiencias e proxectos municipais, principalmente con aqueles lugares aos que os nosos veciños e veciñas atópanse especialmente unidos”.









Comentarios