top of page

O PSOE de Lalín condena a violencia en Gaza e defende a paz e os dereitos humanos dos gazatíes

“A nosa organización, comprometida cos valores da xustiza, da solidariedade e da defensa da vida, non pode permanecer en silencio diante dunha crise humanitaria”, di


Ecos da Comarca/Lalín

O Partido Socialista de Lalín convocou á militancia para expresar a máis firme condena ante a escalada de violencia que se está vivindo nestes días na franxa de Gaza, que está a causar un sufrimento insoportable entre a poboación civil e unha vulneración flagrante dos dereitos humanos e do dereito internacional.

ree

Destacan que as cifras son desoladoras: Máis de 60.000 palestinos mortos. Vivendas, escolas e hospitais reducidos a cinzas. Millóns de gazatíes forzados a desprazarse constantemente, perdendo en cada traslado os mínimos recursos que poden ir salvando. Bombardeos constantes a vivendas, hospitais, escolas, tendas de refuxados... “Estamos vendo a unha poboación que morre de fame, atacada nas colas de alimentos, mentres os camións coa axuda internacional son bloqueados”, destacan dende o partido.


“A nosa organización, comprometida cos valores da xustiza, da solidariedade e da defensa da vida, non pode permanecer en silencio diante dunha crise humanitaria que xa se cobrou miles de vidas, maioritariamente civís, entre elas centos de nenos e nenas, e que está a provocar o desprazamento forzoso de milleiros de persoas”, reclaman.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por todo isto, piden:

• O cesamento inmediato das hostilidades por todas as partes.

• A protección efectiva da poboación civil, especialmente das persoas máis vulnerables.

• O respecto ao dereito internacional humanitario e ás resolucións das Nacións Unidas.

• O acceso humanitario urxente e sen restricións á franxa de Gaza.

• O compromiso real da comunidade internacional, e especialmente da Unión Europea, cun proceso de paz xusto e duradeiro, baseado na solución de dous estados e no

recoñecemento mutuo.


"España recoñeceu o Estado de Palestina en maio de 2024, con Noruega, Irlanda e Eslovenia. Agora vemos que Francia acaba de facer o anuncio. E, hoxe o Partido Socialista de Lalín únese ás voces que, dende diferentes puntos do mundo, reclaman paz, diálogo e respecto polos dereitos fundamentais de todas as persoas. A paz non pode ser unha aspiración abstracta, senón un compromiso político e moral que debe guiar todas as accións das institucións e da cidadanía”, subliñan.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Neste contexto, expresan tamén a súa solidariedade co pobo palestino, e coas organizacións que traballan sobre o terreo para salvar vidas e denunciar as inxustizas. A barbarie non pode normalizarse, nin o silencio pode ser cómplice da dor. “Dende Lalín, unha vila comprometida coa dignidade e a xustiza, alzamos a voz por Gaza e por todos os pobos que sofren as consecuencias da guerra, da ocupación e da represión”, concluíron.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page