top of page

O PSOE de Lalín demandará no vindeiro pleno "máis transparencia por parte do Concello"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os socialistas indican que a cidadanía "carece de acceso a toda a información que se xestiona dende o Consistorio, coma os soldos dos concelleiros ou as xuntas de goberno"


Ecos da Comarca/Lalín

Como afirma a exposición de motivos da Lei 19/2013, de 9 de decembro, a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política. Ante isto, o PSdeG-PSOE de Lalín leva ao pleno do presente mes a solicitude para que dende o Concello haxa máis transparencia.


"Coas novas tecnoloxías, facilitar información á cidadanía é cada vez máis sinxelo, rápido e eficaz, sempre que se faga un bo uso das mesmas. Mais cabe destacar que a veciñanza de Lalín carece de acceso a toda a información que se xestiona dende o Consistorio. Como exemplo, pódese destacar que dende hai máis de tres anos, a cidadanía non ten acceso ás Xuntas de Goberno Local, un documento no que se recolle información de interese para toda a veciñanza, ou tampouco se fai público o soldo de cada concelleiro da Corporación, que é diñeiro público”, expoñen. Deste xeito, "vulnérase a Lei, que esixe facer públicos temas coma os acordos adoptados, tanto coa súa publicación no boletín oficial como mediante o dereito a obter copias e certificacións acreditativas dos mesmos; os acordos referentes a retribucións dos cargos con dedicación exclusiva e parcial e réxime de dedicación destes últimos, indemnizacións e asistencias, etc ou o número de persoal eventual e masa salarial do persoal laboral".

Por iso, recalcan que na web do concello ( www.lalin.gal ) debería contar con toda esta información de maneira clara e accesible. "Así mesmo, é preciso facilitar o acceso a novas coma subvencións, oposicións ou prazos de presentación, entre outras, de maneira clara e concisa, sen ter que rebuscar na páxina web".


Por outra banda, "o portal de transparencia ( http://portaltransparencia.lalin.gal/web/ ) está

totalmente desactualizado. Pódese ver como as asignacións económicas a cada partido político distan moito da realidade, levando ao engano a todas as persoas que visiten esta web, ademais de contar cuns gráficos que nin son explicativos, nin contan a verdade”, aseguran.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Tamén en relación ás novas tecnoloxías, as redes sociais das que dispón o Concello de Lalín consideran que "deberían ser empregadas para un uso informativo da actualidade do propio Concello, e non con fin propagandista do goberno en cuestión. É dicir, a veciñanza debería ter neste medio as novidades que hai no concello, tanto de eventos como de outras cuestións vinculadas a trámites".


"A falta de transparencia e democracia recae, así mesmo, no retardo ao acceso a documentación ao que está sometida a oposición. Os tres grupos que forman a oposición, así como a propia veciñanza, teñen dereito a fiscalizar as actuacións do actual goberno dun xeito democrático, posto que representan a miles de veciños/as, pero dende o Goberno limitan esta fiscalización permitindo accesos a información con máis de tres meses de retardo dende que foron solicitados".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page