top of page

O PP pregúntalle ao BNG se os que foron ao Parlamento polas parcelarias sabían que era un convite do Bloque

Seijas sinala que a Conselleira de Medio Rural, no Magosto non dixo nada que non fora coñecido, que as parcelarias ían camiño de decretarse porque había un bo traballo feito


Ecos da Comarca/Agoalda

O Partido Popular de Agolada sae ao paso das declaracións feitas polo BNG, onde se afea que a Conselleira de Medio Rural anunciara no Magosto do PP, celebrado a pasada semana, o próximo decreto de 2 das 3 zonas de parcelarias demandadas pola veciñanza dende fai anos. O PP amosa a súa sorpresa, xa que indica que a Conselleira “non dixo nada que non sexa xa un secreto a voces, que as parcelarias se van a decretar porque se está facendo un moi bo traballo técnico e político para elo, e aclarar que isto é o que leva ao avance e non o emprego político e as algaradas que constantemente crea o BNG para facer que fai”.

Carmen Seijas, voceira do PP de Agolada.
Carmen Seijas, voceira do PP de Agolada.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Os populares non entenden "a que ven tanta ansia para apuntarse o mérito do Decreto “parece que lle vai a vida niso, cando o importante é seguir traballando para que non só se chegue a esa Declaración de Utilidade Pública, senón estando de apoio á veciñanza e á Xunta para que despois se contraten rápido os traballos e se fagan as cousas ben para que sexan o mais áxiles posible". “A verdade, parece que é unha carreira de fondo a que ultimamente ten o BNG por gañar medallas e mesmo parece que son os que primeiro queren que os veciños lle recoñezan un mérito dun traballo que está feito, pero o importante é seguir, unha parcelaria acaba coa entrega dos títulos e para iso queda moito choio, a ver se se van a desfondar”, afirman con sorna os populares.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Pregunta se os veciños eran coñecedores de que o BNG xestionou a visita ao Parlamento

A voceira dos populares Carmen Seijas, pregunta directamente ao BNG se son eles "os que están tratando de politizar as parcelarias" e pregúntalle de xeito directo, “se todos os veciños eran coñecedores de que a visita de fai unhas semanas ao Parlamento estaba orquestrada polo seu grupo”. Seijas indica que lles consta que nin o BNG nin os principais directivos da Asociación explicaron que a visita ao Parlamento de Galicia para interceder polas parcelarias era un convite do BNG para reforzar unha pregunta parlamentaria da deputada dezana Ariana Fernández. “Cónstanos que moitos dos veciños alí presentes non sabían que isto era un tema promovido polo BNG, e mesmo se sorprenderon cando toda a cúpula local e galega do partido nacionalista subiu ao Estrado para sacarse unha foto con eles e empregala no seu beneficio político. Isto si que é grave e deberían aclarar tanto eles, como algún dos directivos da Asociación, se foi feito de xeito consciente ou se se trata dun erro”, afima Seijas.


NOTICIAS RELACIONADAS:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page