top of page

O PP pide a comparencia do alcalde e do edil de Obras de Cruces por "supostas irregularidades"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Vila de Cruces presentou unha solicitude formal para a convocatoria dun pleno extraordinario, co obxectivo de abordar dous asuntos de especial relevancia para o municipio: a modificación da ordenanza do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para introducir bonificacións sociais e ambientais, e a comparecencia do alcalde e do concelleiro de obras pola "detección de múltiples irregularidades en expedientes municipais de obras".

O Partido Popular de Vila de Cruces propón dúas bonificacións potestativas o imposto de bens inmobles:

1. Unha bonificación do 90% no IBI para terreos en núcleos rurais que non poden ser edificados por incumprimento de normativas sectoriais, incumprimento dos parámetros urbanísticos ou a imposibilidade de dispoñer de servizos básicos como auga, electricidade ou saneamento.

2. Unha bonificación do 50% no IBI para vivendas e locais que instalen sistemas de enerxía solar para autoconsumo.


"Estas medidas pretenden corrixir a desigualdade fiscal no rural, promover o desenvolvemento sustentable e apoiar ás familias e propietarios que apostan pola eficiencia enerxética. Este Grupo Municipal do Partido Popular, solicita tamén explicacións urxentes ante os indicios de mala xestión e posíbeis ilegalidades en múltiples contratos de obra pública, entre eles:

1. Reparación da ponte en Liñares (Expediente 570/2020): Obra executada sen autorizacións sectoriais, certificacións falsas e pagamento por elementos non executados.

2. Melloras nas Insuas de Gres (Expedientes 282/2023 e 635/2023):

Diferencias de prezos e calidades sen xustificación técnica.

3. Depuradora no Polígono do Camballón (Expedientes 576/2023 e 167/2024): Cambio de localización a parcela con uso prohibido, execución en terreos privados e obra incompleta recepcionada como finalizada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

4. Instalación dun ascensor no Auditorio Bernardo G. del Río

(Expediente 577/2023): Ascensor recepcionado sen estar operativo nin conectado á rede eléctrica.

5. Gastos en publicidade: Máis de 170.000 euros en tres anos, 135 facturas a un conglomerado empresarial vencellado ao asesor de comunicación do goberno local, con indicios de sobrecuste e contratación opaca".


O grupo popular demanda que o alcalde Luis Celso Taboada Sánchez e o concelleiro Juan Carlos Rodríguez Martínez comparezan para dar explicacións claras e transparentes ante o pleno e a veciñanza. "Os veciños e veciñas teñen dereito a saber como se están a gastar os recursos públicos e por que se están recepcionando obras que non están rematadas e se pagan partidas que non se executaron. A transparencia non é unha opción, é unha obriga. ”





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page